Sucos: blog de Dores Tembrás


PICAVERSOS: inocentes
07/11/2011, 09:40
Arquivado en: Evento, poesia, recital

Escribirono elas primeiro. A cita será o martes 8 ás 21:00 no Modus Vivendi (Praza Feixoo, Compostela). Alí, con Xosé María Álvarez Cáccamo e Nuria Sanz. Convidados por Branca Novoneyra e Olalla Cociña. É un luxo, un pracer que agardo impaciente.

Levo moitos versos para ler, de máis. Pero sempre o fascinio coa inocencia: a que está e a que se perde, a que se perverte e a que se restaura.

LOS TRABAJOS Y LAS NOCHES

a

para reconocer en la sed mi emblema

para significar el único sueño

para no sustentarme nunca de nuevo en el amor

a

he sido toda ofrenda

un puro errar

de loba en el bosque

en la noche de los cuerpos

a

para decir la palabra inocente

A. Pizarnik



POESÍA + GRAFITI EN CARRIL OU Cita a cegas
06/11/2011, 11:25
Arquivado en: Obradoiros, poesia

Lendo o post do blog da biblioteca de Carril despois do meu obradoiro POESÍA + GRAFITI veuseme á mente a idea de cita a cegas. Sempre é un pouco así, quedas cun grupo, desta volta eran 27 rapazas e rapaces de ciencias, e antes do día cóntanche cousas, vas sabendo.  Elucubras. Imaxinas.

Pero chega o día, o pasado venres, e coma sempre, antes de tempo, e miro os cartaces do hall, e non descubro o tendal cos meus poemas, as fotos, alí, tan alí, eles xa sabían como era eu, algo do que escribira, pero igual a curiosidade.

Sorrío ao ver os versos pegados polo instituto, e pregúntome se a da foto son eu.

Daquela entran  na biblioteca e Ana preséntame oficialmente (ARROIBO). E tódolos ollos alí, para min, prendidos no primeiro grafitti que o proxector.  Si, claro, son de ciencias, pero, pero a poesía.

E entón analizamos as imaxes, e eu aplaudo os comentarios agudos, as observacións intelexentes, falamos do que si e do que non, de emoción e mensaxe, de palabras. É un grupo atento, que se concentra no discurso, que gaña puntos co paso dos minutos.

E o agasallo chega na última parte da sesión, as súas palabras, as súas, que me comparten, despois do meu redondel. E alí, xa na intimidade do encontro, cada unha, cada un: avión, barco, rugby, risos, Cortegada, soños, mirada, curmáns, praia, piragüísmo, amigos, aldea, acampada-recordos-cáncer, piano-música, baile, piscina-auga, gafas, música- Papa-Roach, parque, baile, canción-Sabina, fútbol, exame, filmes, mar.

Pasará o tempo, e ao mellor non lembro os vosos nomes, pero si as vosas palabras, as vosas historias.

Foi unha cita perfecta, redonda. Grazas a tódolos alumnos e alumnas de 4º ESO, que estiveron dispostos a arriscar tanto coma min.

Grazas a toda a equipa de normalización do instituto do Carril Miguel A. González Estévez, aos mestres que se involucraron, ao persoal que fixo o imposíbel para que todo funcionase. Aos que quixeron que nos coñecesemos nesta cita pensando que funcionaría.

Obrigada.

Vémonos pronto, si?




Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.