Sucos: blog de Dores Tembrás


Lingua in-out
25/06/2009, 18:53
Gardado en: Lingua, misc

O último día in London íamos falando por unha tenda cando un home, perto de nós, exclamou: Que bién suena eso! Nós virámonos cara a el: Gallegos, no? Si. Mirámonos uns instantes, e preguntamos: Ti tamén és galego? Si, soy de Pontevedra.

Despois, no taxi, pensaba noutra noite camiñando por Göteborg, un home que pasou a carón de nós díxonos: Vaivos coller o frío. Miramos para el, a pregunta sobraba: É galego? Son, son de Celanova, terra de poetas. Pouco máis lembro da conversa que se produciu a seguir, si que falamos de Celso Emilio Ferreiro e da nosa estadía por terras suecas.

Despois destes encontros, sempre a mesma sensación no corpo, a ledicia de recoñecérmonos, a identidade inherente á lingua, a ligazón á terra, e todo ficaba dito.


1 comentario so far
Deixar un comentario

que lindo!

Comentario por sara




Deixar un comentario
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>